Arquivo de novembro 2008

Goleadores xornada 13 de Terceira e Preferente

24 novembro 2008

TERCEIRA DIVISIÓN:

MONTAÑEIROS 2 (Rubén Rivera e Añón) VILALONGA 0
GRAN PEÑA 0 CERCEDA 2 (Felipe e Dani)
VERÍN 0 CÉLTIGA 0
PORTONOVO 1 (Álex) OURENSE 0
ALONDRAS 1 (Antonio -pr. porta-) LALÍN 1 (Nando)
PONTEVEDRA B 0 COMPOSTELA 2 (Rubén e Peter)
SANTA COMBA 3 (Cotrofe -2- e Iván) SOMOZAS 1 (Ness)
AROUSA 3 (Hugo -2- e Padín) NEGREIRA 3 (Nacho, Jano e Julián)
CORUXO 0 ORDES 0
RÁPIDO DE BOUZAS 0 NARÓN 2 (Charlón e Carlocho)

PREFERENTE NORTE:

SPORTING SADA 2 (Gonzalo e Fede) OUTEIRO DE REI 0
SANTIAGO DE COMPOSTELA 1 (Rubén) CALO 1 (Dani Gesto)
LEMOS 2 (Basualdo e Cotarelo) CHANTADA 1 (Basán)
RACING VILALBÉS 2 (Dani e Xaime) LARACHA 2 (Pablo -2-)
VIVEIRO 3 (Schuster -2- e Emanuel) NOIA 2 (Yanki e Lloyd)
BOIRO 1 (Nando) CASTRO 1 (Gorgoso)
DORNEDA 1 (Pou) BETANZOS 0
VIZOÑO 0 FOZ 1 (Óscar Pol)
BERGANTIÑOS 2 (Adriano e Dani) FLAVIA 0
DUBRA 0 AS PONTES 2 (Pablo e Troncho)

PREFERENTE SUR:

OURENSE B 1 (Xaco) CULTURAL AREAS 0
ESTRADENSE 1 (Brais) PONTELLAS 1 (André)
TOMIÑO 3 (Rubén, Víctor e Javi) BARCO 2 (Aira e David Pérez)
MARÍN 2 (Janeiro e Diéguez) SPORTING CELANOVA 1 (Vila)
BARBADÁS 0 CRUCEIRO DO HÍO 0
PORRIÑO INDUSTRIAL 0 CHOCO 0
SANXENXO 2 (Cuchi e Blanco) SALVATERRA 3 (Julio Alberto -2- e José Carlos)
CASELAS 3 (Héctor, Isma e Damián) PONTE OURENSE 0
RIBADUMIA 1 (Álex) MELIAS 1 (Zorrilla)
O GROVE 1 (Álex) ARENTEIRO 2 (Martín e Jonathan)

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Goleadores xornada 12 de Terceira e Preferente

17 novembro 2008

TERCEIRA DIVISIÓN:

NARÓN 4 (Charlón, Álex López, Lelo -pr. porta- e Pablo Rey) GRAN PEÑA 1 (Budiño)
SOMOZAS 0 CÉLTIGA 1 (Diego)
VILALONGA 5 (Saúl -2-, Pillado -2- e Luismi) CORUXO 1 (Costas)
ORDES 1 (Josiño) RÁPIDO DE BOUZAS 1 (Álex)
NEGREIRA 0 ALONDRAS 0
LALÍN 0 MONTAÑEIROS 1 (Rivera)
CERCEDA 5 (Felipe -2-, Xaco, Adolfo e Ángel) PONTEVEDRA B 1 (Vicente)
COMPOSTELA 1 (Rubén) PORTONOVO 0
OURENSE 4 (Josu, José Arenas, Berto e Álex) SANTA COMBA 0
AROUSA 0 VERÍN 1 (Oli)

PREFERENTE NORTE:

CHANTADA 2 (Cadete e Luis) BOIRO 0
BETANZOS 2 (Andrés e Marcos) SP. SADA 1 (Santi Peleteiro)
FOZ 0 AS PONTES 0
FLAVIA 2 (Chenel e Ero) VIVEIRO 1 (Schuster)
NOIA 5 (Víctor -2-, Lloyd -2- e Alberto Martínez) LEMOS 1 (Basualdo)
OUTEIRO DE REI 0 RACING VILALBÉS 4 (Félix, Omar e Xaime -2-)
LARACHA 2 (Pablo Lorenzo -2-) SANTIAGO DE COMPOSTELA 1 (Adrián)
BERGANTIÑOS 4 (Élmer, Bossa, Dani e Adriano) DUBRA 0
CASTRO 2 (Albertito e Iván González) DORNEDA 0
CALO 4 (Chenel, Rocha -2- e Saro) VIZOÑO 1 (Ito)

PREFERENTE SUR:

MELIAS 1 (Álvaro) OURENSE B 2 (Unai e Toni)
ARENTEIRO 3 (Alfredo -2- e Martín) TOMIÑO 1 (Pablo)
BARCO 1 (Tyronne) PORRIÑO INDUSTRIAL 2 (Guerra e Carlos)
CASELAS 1 (Toni) SANXENXO 2 (Diego Blanco -2-)
PONTE OURENSE 1 (Ismael) RIBADUMIA 1 (José)
CULTURAL AREAS 1 (David) ESTRADENSE 1 (Joan)
PONTELLAS 2 (Javier e Santiago) O GROVE 0
CHOCO 0 MARÍN 2 (Miguel -2-)
SPORTING CELANOVA 2 (Gabri -2-) BARBADÁS 3 (Adolfo, Outomuro e Josiño)
CRUCEIRO DO HÍO 2 (Edu Veiga e Óscar García) SALVATERRA 2 (Martín e Chus)

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

O conflito coa TVG

16 novembro 2008

A GalegaXa é sabido que fracasou o acordo entre clubes de Segunda B e TVG para a retransmisión de encontros dos equipos galegos desta categoría. Os argumentos do ente televisivo, a excesiva cantidade solicitada polos clubes e a pouca audiencia que ditos partidos suporían para a canle galega.

É cando menos estraño que unha canle de televisión pública esgrima argumentos de rendibilidade, cando a súa función principal é a de servizo público. Doutra banda, non estaría de máis comprobar a audiencia doutras retransmisións que se efectúan os sábados á tarde, para ver se efectivamente un derbi de Segunda B -e esta liga poderemos ver uns cantos, con seis equipos na categoría- queda por baixo destas audiencias, cousa que dubidamos sinceramente. Cando noutras televisións autonómicas comezan a retransmitir encontros de Segunda B e mesmo de Terceira dos seus equipos, aquí recuamos como os cangarexos.

Pero, mesmo entendendo as razóns que poden levalos a tomar esta medida, a postura dalgúns clubes de non permitiren a entrada das cámaras da TVG aos seus estadios, é igualmente reprobábel. Non se pode censurar a un medio porque non chegues a un acordo económico con el. O dereito á información está por riba dos cartos, e o que é peor: con esta medida, os que saen perdendo son os siareiros destes equipos. En calquera xulgado, a TVG teríao moi doado para gañar un pleito a estes clubes que veñen de tomar unha medida tan excesiva como ilegal.

Tan difícil é atopar unha marca publicitaria que patrocine as retransmisións de Segunda B na TVG, como acontecía en tempos? Por que tanto TVG como clubes se empeñan en adoptar posturas que só prexudican aos seguidores dos nosos equipos desta categoría?

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Desaxeitado calendario da Terceira galega

16 novembro 2008

marcadorgalegoAló por finais de setembro xurdía a nova: o sistema de ascenso de Terceira División a Segunda División B vai sufrir para esta temporada a mesma modificación có de ascenso de Segunda B a Segunda A: os campións xogarán primeiro entre eles, os vencedores destas eliminatorias ascenderán de categoría, e os perdedores enfrontaranse en dúas eliminatorias máis aos vencedores dunha eliminatoria previa de segundos contra cuartos e terceiros contra terceiros.

A primeira consecuencia disto é que a Terceira División en todos os seus grupos deberá rematar o 17 de maio. Ben, pois que teñamos coñecemento, todas as federacións territoriais modificaron e axeitaron os calendarios de cadanseus grupos de Terceira para que rematen nesa data. Todas? Non. A única que queda por facelo é a Federación Galega de Fútbol.

Desde o ente federativo aseguran que primeiro queren escoitar a opinión dos clubes para levar a cabo dita modificación. Sen embargo, este argumento semella un chisco pobre a carón do feito de que, estando a piques de rematar o ano, nin clubes nin afeccionados saben aínda as datas definitivas nas que se vai levar a cabo a competición, tema este que teñen resoltas -como a lóxica así o demanda- o resto de federacións territoriais.

Coidamos que, como mínimo, a FGF debería ter resolta a cuestión antes de que remate o ano. Non parece serio que, a piques de se cumprir case un terzo do campionato, a Terceira galega aínda non coñeza as datas definitivas de celebración das súas xornadas. Nin, por suposto, isto di moito a prol da seriedade do ente federativo galego.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Benvid@s ao blogue de Marcador Galego

15 novembro 2008

marcadorgalegoMARCADOR GALEGO vén de inaugurar o seu blogue, que queremos que sexa o de tod@s @s usuari@s da web. Por esta razón, pregamos a vosa participación. Esta poderédela levar a cabo do seguinte xeito:

- Enviando comentarios aos artigos que se publiquen (con moderación previa, para evitar a presenza de textos aldraxantes ou irrespectuosos).

- Enviando artigos de opinión para publicar ao correo admin@marcadorgalego.com, que por suposto serán publicados co nome ou nick d@ remitente. Os artigos deberán estar preferentemente en idioma galego, e de non ser así, o envío do artigo levará implícita a conformidade d@ autor(a) para que o seu texto sexa traducido ao galego.

- Enviando fotos, imaxes ou videos (neste caso, preferentemente que xa estexan publicados na rede) de xogador@s ou equipos para a galería que crearemos a tal efeito, tamén ao correo admin@marcadorgalego.com.

Moitas grazas a tod@s, e que disfrutedes desta nova iniciativa.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google