Benvid@s ao blogue de Marcador Galego

15 novembro 2008

marcadorgalegoMARCADOR GALEGO vén de inaugurar o seu blogue, que queremos que sexa o de tod@s @s usuari@s da web. Por esta razón, pregamos a vosa participación. Esta poderédela levar a cabo do seguinte xeito:

- Enviando comentarios aos artigos que se publiquen (con moderación previa, para evitar a presenza de textos aldraxantes ou irrespectuosos).

- Enviando artigos de opinión para publicar ao correo admin@marcadorgalego.com, que por suposto serán publicados co nome ou nick d@ remitente. Os artigos deberán estar preferentemente en idioma galego, e de non ser así, o envío do artigo levará implícita a conformidade d@ autor(a) para que o seu texto sexa traducido ao galego.

- Enviando fotos, imaxes ou videos (neste caso, preferentemente que xa estexan publicados na rede) de xogador@s ou equipos para a galería que crearemos a tal efeito, tamén ao correo admin@marcadorgalego.com.

Moitas grazas a tod@s, e que disfrutedes desta nova iniciativa.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Publicado na categoría Xeral | Trackback | del.icio.us | Enriba

Deixa unha resposta